Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 45

O Catastro de Rústica



Beatriz Fernández Filgueira
Enxeñeira de Montes da AFG

A mediados do século XVIII, por orde do rei Fernando VI e a proposta do seu ministro Ensenada, realizouse en España unha averiguación sobre as terras, casas, rendas, etc que posuía cada persoa. A elaboración do hoxe denominado Catastro del Marqués de la Ensenada tiña por finalidade a recadación de impostos.

O Catastro Inmobiliario actual é un rexistro administrativo dependente do Ministerio de Facenda no que se describen os bens inmobles urbanos, rústicos e de características especiais, regulado polo Real Decreto Lexislativo 1/2004 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.

Aínda que o seu fin principal segue sendo o tributario, tense convertido nunha grande estrutura de información territorial dispoñíbel para todas as Administracións públicas, fedatarios, empresas e cidadáns en xeral.

Hoxe a información catastral é empregada para a xestión ou control de subvencións nacionais ou comunitarias, ben como nas actuacións notariais ou no Rexistro da Propiedade.

O R.D. Lexislativo 1/2004 estabelece que a referencia catastral debe incluírse obrigatoriamente nos documentos públicos notariais nos que consten actos ou negocios relativos ao dominio e demais dereitos reais sobre bens inmobles, así como que esta referencia debe inscribirse no Rexistro da Propiedade.

A descrición catastral dos bens inmobles comprende as súas características físicas, económicas e xurídicas: localización e referencia catastral, superficie, uso ou destino, clase de cultivo ou aproveitamento, calidade das construcións, representación gráfica, valor catastral e titular catastral.

Os titulares catastrais teñen a obriga de colaborar co Catastro, subministrando cantos datos, informes ou antecedentes sexan precisos para a súa xestión, é dicir, deben notificar calquera cambio de titularidade, cultivo, etc.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es