Aplicación dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) no eido agroforestal
Jaime Barros Ríos Enxeñeiro de Montes da AFG
|
Os Sistemas de Información Xeográfica (SIX) son unha nova tecnoloxía que xurde no contexto da sociedade
da información na que resulta esencial a dispoñibilidade rápida da información para resolver problemas e contestar cuestións de modo inmediato. Os SIX permiten xestionar e analizar información espacial, polo que constitúen unha ferramenta moi importante para todos os profesionais que traballamos sobre o territorio. Os
SIX teñen aplicacións tan dispares como a planificación forestal e urbana, a xestión catastral, a ordenación do territorio, o medio ambiente a planificación do transporte, o mantemento e xestión de redes públicas, a análise de mercados, etc...
A gran avantaxe dos SIX é que permiten a relación entre capas ou estratos de información entre sí o que lles concede unha sorprendente capacidade de análise. |