Modificación da Lei de patrimonio natural e da biodiversidade
|
O 22 de setembro do pasado ano, publicouse no Boletín Oficial do Estado a Lei 33/2015, de 21 de setembro, pola que se modifica
a Lei 42/2007, de 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.
Algunhas das persoas asociadas á Asociación Forestal de Galicia coñecen ben esta lei porque é a empregada polos servizo de
Conservación da Natureza da Xunta de Galicia para multar, en principio, a todas aquelas persoas que fixeron plantacións (normalmente
de piñeiro e eucalipto) nas zonas que estaban propostas para ampliación da Rede Natura 2000.
Como moi ben se di no seu preámbulo esta lei, establece o réxime xurídico básico da conservación, uso sostible, mellora e restauración
do patrimonio natural e da biodiversidade española, como parte do deber de conservar e do obxectivo de garantir os dereitos
das persoas a un medio ambiente adecuado para o seu benestar, saúde e desenvolvemento.
Pero o que máis lle pode interesar a unha persoa que teña propiedades forestais é saber que nesta norma recóllense como infraccións
administrativas: |