Acordo de París: 195 países chegan a un acordo para mitigar o cambio climático
|
O pasado mes de decembro de 2015, no Cumio do Clima (COP21) que tivo lugar na capital francesa, acadouse o xa chamado
Acordo de París, que pretende limitar o incremento da temperatura a final deste século por debaixo de 2 ºC, e de ser posible chegar
a 1,5 ºC por debaixo dos niveis pre industriais. Para isto faise unha aposta firme polo desenvolvemento das enerxías renovables.
Trátase do primeiro gran acordo para frear o quentamento da terra. Entrará en vigor en 2020 e todos os países que o ratifiquen
deberán presentar o paquete de medidas que van adoptar para conseguir como mínimo o acordado, inda que se poden poñer en
práctica medidas máis ambiciosas se os países así o queren, o que sería desexable se se quere acadar o obxectivo fixado.
O acordo establece máis obrigas para os países desenvolvidos que para os que están en vías de desenvolvemento e crea un
fondo de 100 millóns de dólares anuais para axudar aos países máis pobres a adaptarse ao cambio climático e tamén para que
poidan medrar economicamente con baixas emisións de dióxido de carbono. |