Nova etapa na Unión de Silvicultores do Sur de Europa
|
Tras o falecemento en abril de 2013 do antigo presidente da USSE, Jean Louis Martres, e o posterior cambio na xerencia da agrupación
en 2014, a USSE afronta unha nova etapa cun novo equipo nun momento no que os propietarios forestais necesitan unha
representación forte e clara na política forestal a escala nacional, rexional e global, dada a importancia que os bosques están adquirindo
en temas tan relevantes na axenda internacional como por exemplo o cambio climático e o quentamento global.
O 11 de decembro pasado celebrouse en Madrid unha reunión do Directorio de USSE, á que acudiu o presidente da AFG, Francisco
Javier Fernández de Ana Magán, onde se abordou a estratexia a seguir nesta nova etapa. |