O director da AFG asiste á asemblea xeral de COSE en Murcia
|
Francisco Dans del Valle, director da Asociación Forestal de Galicia, asistiu o 23 de outubro de 2015 á asemblea da Confederación
de Organizacións de Silvicultores de España (COSE) que se celebrou en Caravaca de la Cruz (Murcia).
No transcurso da Asemblea fíxose un repaso das actuacións levadas a cabo durante o presente ano tanto de reunións técnicas como
de carácter institucional que consolidan a súa interlocución coa Administración ao acercar a realidade dos montes ás normativas
e plans sectoriais, formulando propostas que melloren a situación forestal, así como o reforzo co resto de entidades do sector.
A asemblea aprobou a iniciativa presentada pola Asociación Forestal de Galicia para promover a creación da figura do silvicultor
activo. Ademais presentáronse as xornadas e accións de divulgación, presenza en feiras e desenvolvemento de proxectos, como
LandsCare e Biosonic, que realizou COSE.
Tamén houbo un espazo para o debate dos temas actuais que máis lles están afectando aos propietarios forestais, como a Rede
Natura 2000 e os problemas de sanidade forestal, e un intercambio de experiencias entre as diferentes asociacións provenientes
de toda a xeografía española, por boca dos seu representantes.
A Asemblea concluíu coa fixación de prioridades e liñas estratéxicas para o 2016, ademais de novas iniciativas de interese para os
propietarios forestais, como un proxecto innovador de cooperación sobre indicadores socioeconómicos e ambientais da silvicultura
para proporcionar información estatística de calidade. |