Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 59

Principais liñas de axudas que contempla o PDR 2014-2020 en Galicia






O pasado mes de novembro a Comisión Europea (CE) aprobou finalmente o Plan de Desenvolvemento Rural 2014-2020 para Galicia co que se artellan os cartos do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) que financiará boa parte das axudas que recibirá o monte galego no vindeiros cinco anos. Incomprensiblemente, da versión presentada a aprobación da CE, a Xunta de Galicia fixo desaparecer a medida que ía financiar as compensacións polas restricións sufridas polos propietarios forestais con propiedades dentro da Rede Natura 2000. Descoñecemos as razóns desta supresión.
Expóñense a continuación as principais liñas de axudas que se irán abrindo a partir de agora. As condicións e requisitos específicos de cada liña (superficies máximas e mínimas, tipo de terreos subvencionables, actividades, orzamento) non se coñecerán ata a publicación de cada convocatoria.
En calquera caso para poder solicitar estas axudas será obrigatorio, en liñas xerais, contar un instrumento de ordenación ou xestión forestal, ou adherirse aos referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas orientativos dos distritos forestais e máis presentar un mínimo de tres ofertas a distintos provedores calquera que sexa o gasto.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es