A cerdeira de orixe galega para uso forestal Edita: Xunta de Galicia. Consellería do Medio
Rural e do Mar
Autores: María Eugenia Miranda e Josefa
Fernández
Ano: 2015
Publicación do Centro de Investigación
Forestal de Lourizán na que se describen as
características da cerdeira brava (Prunus
avium), as principais pragas e enfermidades
que lle afectan e os resultados das investigacións
levadas a cabo en Lourizán para a
mellora da especie como produtora de
madeira. Na actualidade a cerdeira é unha
das especies prioritarias do Programa de
Mellora Xenética do “Plan de innovación e
mellora forestal de Galicia (2010-2020)”. Un
dos resultados prácticos das investigacións
levadas a cabo en Lourizán foi o rexistro dos
dous primeiros clons de cerdeira no Catálogo
Nacional de Materiais Forestais de Reprodución:
Prunus avium Lourizán 1 e Prunus
avium Lourizán-2.
A versión dixital está dispoñible en:
www.medioruralemar.xunta.es. |