Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 59

Viaxe lúdico-formativo a Estremadura






Durante os días 9, 10, 11 e 12 de abril de 2015 un grupo de dezaoito propietarios forestais, entre os que estaba o presidente da AFG, viaxaron a Estremadura para coñecer diversos aspectos relacionados co aproveitamento nesta rexión dos recursos naturais, forestais e enerxéticos.
O primeiro día o grupo desprazouse a Salamanca, onde compartiu xantar con Jesús Castaño, presidente da Asociación Forestal de Salamanca e da Federación de Asociacións Forestais de Castela e León ademais de con outros socios da AFG residentes na cidade. Á tarde fíxose unha visita en Guijuelo (Salamanca) á empresa de embutidos ibéricos Castro y González acompañados do seu director, Miguel González Castro na que o grupo puido coñecer o proceso de fabricación do xamón e dos demais embutidos que produce.
O día 10 pola mañá visitouse a planta de biomasa de ENCE en Mérida onde o director da planta dirixiu un percorrido pola mesma e mantivo un coloquio moi interesante co grupo. O director, Álvaro Rodrigo, indicou que a planta comezou a funcionar no 2011 e que produce 20 MW eléctricos. Actualmente a planta consume principalmente chopo e eucalipto ademais de algo de piñeiro, que en moitos casos chega de distancias que superan os 100 km. O grupo tamén visitou unha finca na que se estaba facendo unha corta de chopos para estelar en campo e cuxo destino era o seu aproveitamento enerxético nesta planta.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es