O proceso para a elaboración das
bases do Plan Forestal de Galicia comezou en abril
de 2015 e finalizou o pasado 17 de decembro, despois
dun longo proceso de traballo no que participaron
once organizacións do sector forestal ademais
de representantes de distintas consellerías da
Xunta de Galicia, as universidades galegas e centros
de investigación forestal, proceso no que a
AFG tivo unha participación moi activa.
As directrices foron elaboradas a partir de
enquisas temáticas que todas as organizacións e
institucións participantes foron respondendo e
analizando ao longo de nove sesións plenarias de
traballo. Este documento de consenso constitúe a
base sobre a que se redactará o novo Plan Forestal
de Galicia.
As organizacións participantes tamén aprobaron
un documento no que se inclúe unha serie de recomendacións
á Xunta de Galicia para conseguir que
o Plan Forestal estea elaborado a finais do 2016.
Nos textos que se presentan a continuación,
recóllense algunhas das directrices máis relevantes
para os propietarios forestais. |