O recurso madeireiro nos montes de Galicia: situación e mercado
|
Na primavera do 2015 comezou un proceso participativo de revisión do Plan Forestal de
Galicia (PFG), documento que establecerá o modelo de monte a alcanzar nos próximos
vinte anos. No mes de decembro de 2015, a primeira parte deste proceso foi concluída coa
elaboración das Directrices básicas do PFG. O sector pretende que o texto do Plan Forestal
poida ser presentado a finais do 2016.
Dentro deste marco, a Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega (Devesa) e as principais
asociacións do ámbito forestal organizaron una xornada técnica para analizar a situación
actual do mercado da madeira e debater sobre o futuro da produción de madeira no
monte galego.
A xornada O recurso madeireiro nos montes de Galicia: situación e mercado celebrouse
en Santiago de Compostela o 27 de novembro de 2015. Contou co apoio de vinte e
dúas das principais organizacións forestais galegas e nela participaron 151 persoas entre
silvicultores, xestores de montes veciñais, operadores de madeira, investigadores, industriais
da madeira e técnicos forestais.
Por encargo da Plataforma Devesa, o equipo da Asociación Forestal de Galicia responsabilizouse
da organización e da secretaría técnica da Xornada na que participaron como
relatores un grupo de vinte expertos.
A continuación recóllense as principais conclusións e recomendacións emanadas do
debate. |