Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 59

José Oca Pena, propietario forestal en Mañón






José Oca Pena é propietario forestal no concello de Mañón. Posúe ao redor de 10 ha de monte en parcelas de pequeno tamaño plantadas con coníferas, castiñeiro e eucaliptos.
O concello de Mañón está situado ao norte da provincia da Coruña servindo de límite coa provincia de Lugo a través do río Sor, cunha configuración alongada de 27 km de longo por 3 de ancho e unha orografía moi accidentada. Ao redor do 44% da superficie municipal é forestal arborada (3.700 ha), a maior parte de montes de particulares, só existen tres comunidades de montes veciñais en man común.

¿Cal é a orixe das propiedades forestais que xestiona?
Na súa meirande parte son herdanza da miña familia (pais e tíos) e logo hai unha parte que fun comprando eu pouco a pouco, sempre que había algún estremeiro interesado en vender. Todo o que comprei foi por estrema dalgunha parcela que xa era miña para poder ir facendo parcelas de maior tamaño. Aquí en Mañón temos moito minifundio. Na década dos 80 tivemos ocasión de facer a concentración parcelaria pero os veciños non quixeron e perdemos unha gran oportunidade.

¿Daquela, que solución lle ve vostede a este atranco?
Solución non ten, pero para solucionar, poñamos, un 70% dos casos, había que fomentar as permutas se o custo non fora tan elevado. Pero é que hoxe en día custa máis unha permuta ca o prezo do terreo; a Consellería de Facenda aplica unhas valoracións estratosféricas das parcelas, aquí en Mañón manexan cifras que van desde os 0,77 €/m2 ata 1,78 €/m2 e así non hai quen permute. Aplícanlle os mesmos valores cás compravendas, que xa están moi penalizadas. A xente só as fai se un terreo lle entra dentro da casa, se non, xa non o fai. ¿Quen vai pagar 8 ou 18 mil euros por unha hectárea de terreo forestal ou agrario na montaña de Mañón?

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es