O sector forestal galego, por primeira vez unido
Francisco Javier Fernández de Ana Magán Presidente
|
Dende hai algúns anos vimos dende a AFG tentando traballar conxuntamente coas outras organizacións
do sector forestal. Ao longo do pasado ano fomos quen de xuntarnos e demostrar que é máis o
que nos une que o que nos separa, se non empregamos criterios políticos e deixamos os personalismos. Non
sei se o bo resultado foi debido á crise económica, que nos fixo máis prácticos, ou foi por mor da madurez
que as organizacións acadamos ao longo das pasadas décadas nas que a Administración xogou con nós
dividindo o sector para sacarlle forza representativa.
Esta nova andaina está baseada no diálogo e no convencemento de que xuntos temos máis forza e unha
maior representatividade tanto diante dos poderes políticos como da sociedade galega. Foi un ano de reflexión
conxunta no que se tiveron analizado distintos documentos que foron presentados polo Goberno Galego
e que son de moita importancia para o noso monte. Entre outros salientamos: |