Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 58

Mercado da madeira en Galicia



Xosé Covelo Míguez
Xerente da unidade de comercialización de madeira de Selga

Eucalipto. Ence pecha Huelva e os portugueses deixan Galicia. No pasado mes de abril producíase a xa comentada baixada de 3,5 euros por tonelada aplicada de forma unilateral polas pasteiras con maior peso específico en Galicia. Houbo malestar no sector, tanto nos propietarios forestais como nas empresas de aproveitamentos e rematantes, mesmo cunha folga de subministro de materia prima ás industrias que tomaran esa decisión.

Ao cabo dun mes, finalmente as empresas remataron coa folga e volveron subministrar a condición de que a industria establecese un prazo máis ou menos amplo de respecto do prezo anterior para as operacións xa pechadas. Os propietarios forestais principalmente do norte de Galicia permaneceron coa parada no subministro, mentres que aqueles asociados que contaban con algún tipo de convenio que foi respectado, seguiron comercializando.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es