Vender madeira
Xosé Covelo Míguez Xerente da unidade de comercialización de madeira de Selga
|
Producir madeira supón moitos anos de coidados e gastos. Resulta polo tanto imprescindible que o propietario coñeza a cantidade, a calidade e o valor da madeira que vai vender e decidir sobre o método de venda.
A comercialización pode realizarse a resultas (por tonelada ou metro cúbico) ou a risco e ventura. De decantarse pola venda a resultas non é estritamente necesario coñecer a priori a madeira existente, iso si, hai que ter un control dos camións que saen do monte. Pola contra, a venda a risco e ventura, que ven sendo o sistema máis habitual, requiriría coñecer detalladamente e previamente o produto que se vai comercializar e unha estimación fiable da madeira.
Procedementos de estimación de madeira.
Antes de vender un lote de madeira é necesario saber o que se ten para poder negociar adecuadamente baseándose en datos reais. Para realizar este labor é necesario contar cunha estimación do volume da madeira en pé, que se podería realizar coas seguintes metodoloxías: |