Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 58

O Consello de Ministros aprobou a reforma da Lei de Montes






O venres 9 de xaneiro o Consello de Ministros aprobou a nova Lei de Montes. O Goberno actualiza e mellora a lei, pero debería incluír medidas máis eficaces para apoiar a xestión forestal, única ferramenta para o coidado e mellora dos nosos montes. O artigo 1 da Lei de Montes indica que o seu obxecto é “garantir a conservación e protección dos montes españois, promovendo a súa restauración, mellora, sostibilidade e aproveitamento racional”.

Entre os principios que inspiran esta lei figuran: a xestión sostible dos montes, o fomento das producións forestais e os seus sectores económicos asociados, a creación de emprego e o desenvolvemento do medio rural.

Para levar a cabo estas actividades é preciso xestionar os montes, e para que se realice esta xestión é necesario que sexan rendibles ou existan fondos especiais para isto.

Actualmente a falta de xestión dos montes é a causa das súas principais ameazas, como son os incendios e as pragas e enfermidades. Ademais, impide a xeración de emprego e riqueza no medio rural.

Non obstante, desde a perspectiva dos silvicultores, observamos nesta modificación da lei que, se ben mellora técnicamente algúns aspectos como a recuperación do Consello Forestal, o apoio á certificación forestal, os modelos técnicos de xestión para axilizar e simplificar os procedementos actualmente vixentes, algunhas modificacións quédanse en mera declaración de intención pola súa indeterminación, como a consideración dos montes como infraestrutura verde, a loita contra a corta ilegal e a comercialización ilegal da madeira e a creación de sociedades forestais para promover a agrupación dos montes a efectos de xestión, deixando moitos aspectos sen especificar.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es