A AFG solicitou a intervención da Conselleira de Medio Ambiente para evitar a destrución das fragas de Casas Vellas (Lalín) por unha liña de alta tensión
|
A Asociación Forestal de Galicia dirixiuse á Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas solicitándolle a súa intervención para evitar a liña de alta tensión do Irixo a Lalín promovida por Gas Natural-Unión Fenosa dane as fragas de Casas Vellas (Lalín) habendo posibilidades de evitar estes danos cambiando o trazado da liña ou procedendo ao seu enterramento.
A AFG solicitou que esta actuación e outras semellantes sexan rexeitadas e evitadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e que non se utilice a declaración de utilidade pública en detrimento do patrimonio natural, sobre todo cando se poden compatibilizar as dúas cousas.
Resultaría dificilmente comprensible que a consellería encargada de velar pola preservación e conservación da natureza permitise accións coma esta ao mesmo tempo que establece medidas moi restritivas para os propietarios forestais no desenvolvemento da súa actividade como silvicultores. |