Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 58

Madeira estrutural de castiñeiro normalizada






No ano 2009 o Centro Tecnolóxico Forestal e da Madeira de Asturias (CETEMAS) iniciou un proxecto de caracterización da madeira serrada de castiñeiro en colaboración co CIS-Madeira (Galicia) e Incafust (Cataluña). Este proxecto permitiu obter as propiedades mecánicas do castiñeiro e establecer un sistema de clasificación visual específico ata agora inexistente. Este sistema de clasificación permite, ao igual que ocorre con outras especies, seleccionar as mellores pezas de madeira serrada en virtude das súas características (nós, desviacións de fibra, deformacións, etc.) cuns criterios obxectivos, e asegurar a calidade estrutural das pezas seleccionadas.

Os resultados deste proxecto incorporáronse na norma española UNE 56546 “Clasificación visual da madeira serrada para uso estrutural. Madeira de frondosas”. En paralelo iniciáronse os trámites para a súa inclusión na norma europea UNE-EN 1912 que recolle as especies de madeira dos distintos países europeos. Desta maneira amplíanse as especies españolas que se poden empregar como madeira serrada estrutural.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es