Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 58

O proxecto Micotecnosoles






Dentro dos obxectivos de I+D no campo forestal que desde hai varios anos promove a Asociación Forestal de Galicia, a súa empresa filial Selga participa nun consorcio que desenvolve o proxecto Micotecnosoles, Deseño, formulación e elaboración de tecnosoles para a biorremediación de solos contaminados por hidrocarburos e metais pesados mediante a aplicación de diferentes especies de fungos.

As empresas participantes -Hifas da Terra S.L., Centro de Valorización Ambiental del Norte S.L., Compañía Galega de Silvilcultores S.L. e Edafotec S.L., acompañadas polos organismos públicos de investigación Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental, Departamento de Edafoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e Estación Fitopatolóxica do Areeiro- traballarán en rede durante ano e medio para desenvolver este proxecto, cuxo obxectivo xenérico é lograr a recuperación de solos contaminados de maneira que se poida restaurar de forma viable e permanente a vexetación propia do contorno alterado. Para o que contan co apoio económico do programa Conecta-Peme xestionado pola Axencia Galega de Innovación da Consellería de Industria da Xunta de Galicia.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es