Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 58

Asemblea Xeral de COSE 2014






O pasado 31 de outubro de 2014 celebrouse en Madrid a asemblea anual da Confederación de Organizaciones de Silvicultores de España coa presenza de representantes das asociacións de propietarios forestais de Cataluña, Castilla-León, Valencia, Galicia, Estremadura, Cantabria, Madrid, Navarra, País Vasco e Murcia.

No transcurso da asemblea nomeouse unha nova Xunta Directiva, na que a AFG ocupará unha vicepresidencia, e foi elixido o novo presidente de COSE, cargo que ostentará Francisco Carreño, presidente da Asociación Forestal de Murcia.

Do informe anual das actividades realizadas por COSE pódese destacar:
• As alegacións presentadas ao proxecto de Lei de Montes no que se van incluír as propostas de reforma da fiscalidade presentadas por COSE.
• A presión realizada por COSE ante o Ministro de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente que conseguiu a dedicación como mínimo do 15% dos fondos do Programa de Desnvolvemento Rural 2014-2020 ás medidas forestais.
• A intensa actividade de representación desenvolvida por COSE ante diversas instancias do Goberno central, entrevista co Ministro de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Arias Cañete, e coa súa sucesora, Isabel García Tejerina.
• O intenso traballo de contactos con distintos representantes dos grupos parlamentos do Congreso de Deputados e outras instancias nacionais e autonómicas para trasladar a necesidade de mellorar a fiscalidade forestal, de promover o uso da biomasa forestal con fins enerxéticos e de promocionar o uso da madeira como material ecolóxico a fin de dinamizar o coidado dos bosques e contribuír á creación de emprego nas áreas rurais.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es