Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 58

Reunión coa directora xeral de Conservación da Natureza






Os fondos FEADER destinados pola Xunta de Galicia á conservación da natureza e, máis concretamente, aos espazos incluídos dentro da Rede Natura 2000, son considerados polas organizacións forestais galegas insuficientes. Con tal motivo o 14 de agosto de 2014, os representantes da Asociación de Empresas de Servizos Forestais de Galicia (SERFOGA), A Asociación de Viveiros Forestais de Galicia (VIFOGA), a Asociación Forestal de Galicia (AFG), a Asociación Profesional de Silvicultores de Galicia (SILVANUS) e a Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA), solicitaron unha entrevista coa directora xeral de Conservación da Natureza. A reunión celebrouse o 22 de setembro, cando xa pasara o prazo de información ao público da versión preliminar do PDR Galicia 2014-2020.

O sector presentoulle as alegacións elaboradas e manifestoulle a súa preocupación por non solicitar máis fondos para o financiamento de actividades nas áreas forestais incluídas na Rede Natura 2000.

A directora dixo que a ela tamén lle resultaba pouco o orzamento pero había que repartir os fondos entre varios servizos, polo que lle parecía que contar cun 1% dos fondos FEADER fronte ao 0,6 do PDR anterior, non estaba mal de todo.

Fíxoselle saber tamén que non entendiamos como se estaban sacando axudas para os concellos en Rede Natura cando os concellos non podían ser beneficiarios desas axudas segundo o Regulamento dos fondos FEADER ao non ser beneficiarios directos.

Explicou que segundo a información que eles manexaban si que podían ser beneficiarios.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es