Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 58

Fondos europeos para o rural galego. Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020






O pasado 22 de xullo a Xunta de Galicia presentou á Unión Europea o avance do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020 no que se recolle o reparto de 889.800.000 € de fondos FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) que están destinados a ser investidos no rural galego nos vindeiros sete anos.

O PDR artella a política de desenvolvemento rural cofinanciada cos fondos europeos FEADER segundo períodos de programación.

En 2014 comeza un novo período de sete anos (ata 2020) no que Galicia vai recibir 889.800.000 millóns de euros aos que haberá que sumarlles un 25% de fondos nacionais que procederán, á súa vez, nun 30% do Goberno español e nun 70% da Xunta de Galicia. Co que para os vindeiros sete anos en Galicia cóntase (en principio) cunha previsión de investimento en desenvolvemento rural de algo máis de 1.112 millóns de euros.

Estes fondos son os que financian a maioría das ordes de axuda que se publican todos os anos para o monte galego, ademais de gran parte dos investimentos que a Consellería do Medio Rural fai no mesmo.

No pasado mes de xuño a Consellería de Medio Rural, logo da solicitude do sector forestal, convocou unha reunión para presentar a nova programación do período de desenvolvemento rural 2014-2020. A proposta presentada pola Consellería non foi valorada positivamente por ningunha das organizacións do sector forestal, polo que se decidiu presentar unhas alegacións conxuntas ao borradordo PDR presentado nesta reunión.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es