A sociedade catalá acepta unha regulación para a recollida de cogomelos e un pago finalista para a xestión do monte
Elena Górriz1,2, Juan Martínez de Aragón1, José Antonio Bonet1,3 e Anton Vallvey4 1 Centro Tecnolóxico Forestal de Cataluña 2 EFIMED 3 Universidade de Lleida 4 Paraxe Natural d
|
Unha enquisa do Centro de Estudios de Opinión da Generalitat de Cataluña revela que o 67% dos cataláns valora de forma positiva que a Generalitat regule a recollida de cogomelos e o 77% está a favor de pagar por recollelos se o importe se reinvestise no monte. A recollida de cogomelos percíbese como unha das actividades máis populares vencelladas ao sector forestal.
A enquisa, realizada en maio de 2014, tiña un dobre obxectivo; por un lado esbozar o perfil do buscador de cogomelos en Cataluña, e por outro, recoller a opinión dos cidadáns sobre posibles instrumentos de regulación da recollida de cogomelos.
Esta enquisa telefónica realizouse a unha mostra de 1.600 persoas maiores de 18 anos residentes en Cataluña cunha representatividade estatística elevada e unha marxe de erro global do 3%, estratificando a mostra segundo a idade, o sexo, a provincia e os municipios segundo o número de habitantes.
|