FINSA é unha empresa familiar galega que iniciou a súa actividade en 1931 nun pequeno serradoiro en Portanxil (Ames). Foi en 1937 cando D. Manuel García Cambón dou forma empresarial ao proxecto que en 1946 pasou a denominarse FINANCIERA MADERERA, S.A. A empresa continúa sendo propiedade da familia fundadora, xa en terceira xeración.
Conta con 13 plantas de produción, situadas en España, Portugal e Francia e con delegacións comerciais en 11 países.
Ademais exporta a outros 60 países. FINSA ten en Galicia cinco centros de madeira técnica, un que fabrica aglomerado en Santiago e tres de MDF en Rábade- Begonte, en Padrón e San Cibrao das Viñas, ademais dunha planta química en Caldas de Reis. O centro de Santiago conta tamén cun serradoiro e unha liña de transformación de fabricación de módulo de cociña e moble kit.
Na actualidade, FINSA fabrica una ampla variedade de productos derivados da madeira; en distintos soportes e acabados: melamina, chapa de madeira, rechapado, molduras, módulos de cociña, compoñentes para mobles, chans laminados, etc. Produce tamén unha ampla gama de produtos químicos, orientados á madeira, así como tamén a outros sectores. Finalmente, tamén produce papel impreso que é moda para os acabados de madeira técnica.
Na industria traballan 2.950 persoas e 1.780 nos centros galegos.
FINSA dispón de equipos e maquinaria propia, inda que o volumen máis importante fórmano máis de 50 empresas de aproveitamentos que traballan a cotío, e que supón uns 200 traballadores que traballan regularmente para a empresa.