Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 58

A política forestal galega



Francisco J. Fernández de Ana Magán
Presidente

O pouco peso que os propietarios forestais temos na política do país ven reflectida no comportamento das institucións que non prestan a atención debida a tan importante recurso económico que xera unha importante cantidade de postos de traballo.

Nesta situación os propietarios forestais estamos sentindo una forte incerteza de cara o futuro á vista da posición que adoitan os estamentos político e administrativo xunto cunhas industrias transformadoras que ante a complexa situación comercial soamente demandan madeira barata sen tentar conquistar mercados con novas ideas e incapaces, na maioría, de innovar.

Por unha banda temos un Parlamento que non quere decatarse da realidade do país que o elixiu. O mundo forestal é para os nosos parlamentarios un eido no que non queren entrar ou non saben de que vai, aínda que unha boa parte deses parlamentarios teñan raíces no agro.

O Goberno parece ser que non aprendeu nada nestes trinta anos de democracia nos que a Administración debería ter dixerido que a súa función principal é estar ao servizo da xente e non ao contrario. Sentímonos criminalizados e perseguidos por diferentes corpos policiais. Damos conta das nosas actividades a diferentes organismos administrativos. Temos máis administración forestal ca nunca e, todo isto máis que aguilloar o desenvolvemento forestal, resulta un freo para o traballo no monte e a obtención de riqueza.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es