Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 56

Situación da praga do nematodo do piñeiro






Segundo manifesta a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, nas 6.000 mostras que analizan cada ano, ata o momento, non detectaron máis presenza do nematodo (é dicir, parece que a praga non avanza). Se os resultados das análises seguen sendo negativos, poderase levantar a corentena en marzo de 2015.

O período de autorización de cortas na zona demarcada prorrogouse ata o 15 de maio deste ano.

Os propietarios de montes da zona demarcada seguen recibindo notificacións para a localización, corta e eliminación das árbores secas ou con síntomas de decaemento. Non se publicaron axudas de ningún tipo para os propietarios afectados polas medidas restritivas de aproveitamentos madeirables, traballos silvícolas e as obrigas de cortas de árbores secas na zona demarcada.

Tampouco se impulsou desde a Administración ningún plan de repoboación ou restauración forestal na área de erradicación (zona de corta forzosa de 250 ha de piñeiros ao redor do foco das Neves). Os montes desta área atópanse maioritariamente en franco abandono.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es