Cambio na presidencia da USSE
|
Inazio Martínez de Arano, (licenciado en Bioloxía e master en Silvicultura) foi nomeado Xefe da Oficina Rexional para o Mediterráneo
– EFIMED. Anteriormente desempeñou o cargo de presidente executivo da Unión de Silvicultores do Sur de Europa (USSE), onde
participou na análise da evolución das políticas relacionadas cos bosques a escala europea e mundial, así como a avaliación dos
efectos potenciais de políticas e regulacións no Mediterráneo e os bosque do Atlántico Sur e a Silvicultura.
Tamén traballou como coordinador de investigación forestal e como investigador no Instituto Vasco de Investigación Agrícola (NEIKER),
tamén foi profesor na Universidade chilena de Concepción e, sendo presidente do Instituto do Bosque Cultivado (IEFC), participou
na creación da Oficina Rexional Europea do Atlántico o Instituto Forestal Europeo (EFIATLANTIC). |