Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 56

Reunión co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas






O 8 de marzo de 2013 o presidente da AFG, Francisco Fernández de Ana, acompañado polo director Francisco Dans e máis por representantes de Promagal e da Asociación A Queiroga, mantiveron unha reunión co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e co, daquela, director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, co obxecto de presentar as alegacións remitidas por AFG e Promagal sobre o borrador de Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia, que foran presentadas o 17 de setembro de 2012.

A AFG fixo unha presentación das principais alegacións e problemas que presenta o borrador do Plan Director, resaltando os aspectos de comprensión e deficiente estrutura do documento, a imposibilidade de aplicación de moitas das normas, a perda de rendas dos propietarios forestais e as posibles arbitrariedades e inxustizas na súa aplicación.

No transcurso da reunión, a Consellería entregou o informe coa resposta ás alegacións presentadas pola AFG-Promagal e informou que enviarían un novo borrador do Plan Director. O director informou que o novo contido permite unha xestión forestal tal como se viña facendo nos espazos da Rede Natura.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es