Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 56

Eucalyptus nitens: Eficiencia na produción



Roque Rodríguez Soalleiro, Universidad de Santiago de Compostela e César Pérez Cruzado, Georg-August-Universität Göttingen


O emprego progresivo en plantacións
O eucalipto nitens é unha especie orixinaria do sureste australiano, nos estados de Victoria e Nova Gales do Sur, en áreas de montaña con abundantes xeadas. Aínda que xa fora empregara en pequena escala en arboretos de eucalipto instalados por Gaspar de la Lama, a especie comezouse a plantar en ensaios de procedencias nos primeiros anos da década dos 90, orixinalmente nun proxecto conxunto do CIF Lourizán e ENCE, no marco do cal se abordou unha recollida de semente en Australia no ano 1988. Os resultados preliminares indicaron que, dentro das especies catalogadas como resistentes ao frío, eucalipto nitens presentaba crecementos superiores. Ese feito fixo que empresas de celulosa como CEASA traballasen na selección das mellores procedencias, facendo importacións de semente para cultivar planta que se comercializou desde o viveiro asturiano de Navia.

Unha reavaliación das procedencias máis axeitadas para plantacións en Galicia indicou que tanto as de Nova Gales do Sur (Barrington Tops, Anembo Trig) como de Victoria (particularmente Macalister) mostran bos resultados, anque algunhas máis estaban entre as mellores. A diferenza doutras áreas de introdución da especie no hemisferio sur, as procedencias de Toorongo non deben empregarse, xa que presentan menor resistencia ao frío. Varias procedencias de Victoria central que se asocian actualmente a eucalipto denticulata son completamente descartables. Os viveiristas galegos contan con esa información de cara a importación de sementes, existindo así mesmo unhas boas opcións actuais para recollidas de material local nas plantacións de Galicia, ou de intercambio co material local da zona de Cantabria, que amosou un interesante potencial de rebrote.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es