Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 56

Distancias mínimas nas repoboacións forestais






O 13 de agosto de 2012 entrou en vigor a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de Montes de Galicia. Nesta lei establécense as distancias mínimas que deben respectar as repoboacións forestais respecto a outros terreos, construcións, instalacións e infraestruturas. Estas distancias pódense consultar no cadro da páxina seguinte.

Medición das distancias
Segundo especifica o artigo 68 da lei as distancias mediranse desde o tronco do pé máis próximo á propiedade veciña ata o límite coa outra propiedade. No caso de tendidos eléctricos, as distancias mediranse ata a proxección do condutor máis externo, e a súa desviación máxima producida polo vento considerarase segundo a normativa sectorial vixente. Cando se trate de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións situadas a menos de 400 metros do monte e fóra de solo urbano e de núcleo rural, as distancias mediranse ata o paramento (cara exterior da parede) destas.

No caso de cámpings, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais a menos de 400 metros do monte e fóra de solo urbano e de núcleo rural, as distancias mediranse ata o límite das instalacións.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es