Vocabulario forestal (galego-español-inglés)
Autores: Antonio Rigueiro Rodríguez, José Javier Santiago Freijanes, Pablo Vila Lameiro, Juan José Villarino Urtiaga e Xusto A. Rodríguez Río
Edita: Universidade de Santiago de Compostela
Ano: 2012
Trátase do sexto volume da colección “Vocabularios temáticos” co que o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago pretende establecer un glosario normativo dos diferentes campos de coñecemento. Este libro inclúe vocábulos traducidos ao galego, castelán e inglés de termos relacionados co medio físico, a flora e a fauna, a maquinaria, especies animais e vexetais, técnicas de cultivo, termos de ecoloxía ou economía forestal.
Na publicación, ademais de indicarse sempre o nome científico, tamén se recollen os nomes populares, variacións xeográficas incluídas, de especies de animais e plantas que se atopan no monte.
A versión dixital está dispoñible na web da Universidade de Santiago de Compostela.
|