Visita a Galicia da Société Royale Forestière de Belgique
|
Un grupo de socios da Sociedade Real Forestal de Bélxica (SRFB) realizaron unha visita forestal por Galicia para coñecer o monte galego entre o 26 e o 31 de maio.
A viaxe, organizada pola Asociación Forestal de Galicia, encadrábase dentro do programa de viaxes anuais de interese forestal que a SRFB fai ao extranxeiro.
Durante 4 días, os 50 propietarios forestais que conformaban o grupo, tiveron ocasión de visitar o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, montes de piñeiro do país en Caldas de Reis, de Pseudosuga menziesii en Frades, de frondosas en Boimorto e de eucalipto no norte de Galicia; asemade visitaron as Fragas do Eume e o Souto da Retorta en Chavín. Nestas visitas foron acompañados por técnicos e socios da Asociación Forestal de Galicia.
|