Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 56

Quen paga os danos dos incendios forestais?



Francisco J. Fernández de Ana Magán
Presidente

Ó longo destes últimos vinte e cinco anos na Asociación Forestal de Galicia vimos traballando na loita contra os incendios forestais na procura dunha solución para un mal que nos afoga cada vez que as temperaturas e o vento se poñen de acordo para espallar estes lumes. Neste tempo, a sociedade galega foise facendo máis sensíbel a estes danos así como tamén os medios de comunicación. A prensa, a radio e a televisión teñen nesta teima un abondoso campo de opinión e información con criterios moi variados, moitos deles moi interesantes, pero nos que de xeito xeral esquecen ós máis prexudicados con esta calamidade: o propietario forestal.

Os propietarios forestais e as comunidades de montes asistimos a este circo loitando contra un lume ó que se lle fai chamar forestal. Non obstante, a maior parte do esforzo empregado céntrase na defensa de casas, instaladas ilegalmente en áreas forestais, ou noutros bens importantes pero que non teñen relación co mundo forestal propiamente dito.

Os medios empregados (avións, helicópteros, vehículos, etc.) son cada ano máis efectivos pero tamén máis custosos. Isto fai que o orzamento da loita sexa anualmente máis importante, diñeiro que normalmente emigra de Galicia. Ante este gasto infrutuoso, os silvicultores galegos quedamos sen medios económicos para manter un sistema preventivo cos tratamentos silvícolas apropiados que aportarían melloras na nosa produción e que xustificarían máis postos de traballo e incrementarían o interese da poboación por esta fonte de riqueza.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es