Le Douglas. Un arbre exceptionnel
Autor: Rémy Claire
Edita: Association TRIFIDE
Ano: 2010
Esta publicación de 400 páxinas é unha homenaxe á especie Pseudotsuga menziesii (piñeiro de Oregón) e ofrece un repaso exhaustivo e moi completo de todos os aspectos desta árbore: o seu descubrimento, a súa evolución temporal e distribución xeográfica, as súas características botánicas, o desenvolvemento da especie en América do Norte e en Europa.... Rémy Claire -autor deste libro e presidente da Asociación TRIFIDE que traballa a favor dun mellor coñecemento do piñeiro de Oregón- dá conta nesta obra da súa experiencia e o seu testemuño vital ao redor desta árbore que comezou hai 30 anos e que tivo como antecedente a publicación da biografía de David Douglas que este mesmo autor editou no ano 1998.
|