Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 55

Mercado da madeira en Galicia



Xosé Covelo Míguez
Xerente da unidade de comercialización de madeira de Selga

Eucalipto, anúnciase baixada e equiparación de prezos no noroeste
O último trimestre de 2011 supuxo para o eucalipto un momento de continuas novidades. Baixada de prezos, consolidación da prima por madeira procedente de montes certificados, equiparación dos prezos de madeira de eucalipto para pasta no noroeste peninsular e reestruturación das relacións históricas do sector.

Tres euros por tonelada é a cantidade que ENCE baixou a súa madeira nos últimos meses. Aínda que a baixada da cotización da pasta de celulosa non ven sendo moi pronunciada, polo que non se xustifica tal baixada de prezo da madeira en pé, a saturación do mercado pola madeira comercializada no último ano, xunto con outras argumentacións que poidan escapar ao noso entender, levaron á toma desta decisión. Do mesmo xeito, empresas pasteiras portuguesas están asumindo baixadas de entorno os 2 €/t. Estas fortes baixadas e o ruxe ruxe de que a tendencia vai ser esta nos vindeiros meses, está sendo mal recibidas entre os propietarios forestais. Unha vez máis observan como a madeira de eucalipto cada día é menos rendible e que teñen que ir pensando en buscar alternativas na súa comercialización.

A valorización da madeira procedente de montes certificados PEFC e/ou FSC estase consolidando tanto en empresas pasteiras nacionais como estranxeiras. Se ben, ata agora sempre se falaba duns 3 €/t en xeral, a partir das tarifas públicas de ENCE, dedúcese un valor de 2,75 €/t de prima pola madeira de eucalipto para pasta procedente de montes certificados que merque esta multinacional.

Outra das grandes novidades que ENCE ten posto enriba da mesa nos últimos meses é a equiparación dos prezos de compra de madeira nas dúas fábricas que ten no noroeste peninsular. Deste xeito lógrase que, de cara a esta empresa, o propietario particular poida tratar en igualdade de condicións de mercado xa teña o seu monte en Viveiro como en Ponteareas.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es