Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 55

Xornada técnica sobre cultivos energéticos en terrenos forestales






O 17 de outubro tivo lugar no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior da USC unha xornada técnica sobre cultivos enerxéticos en terreos forestais organizada pola Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.

A xornada tivo como principal obxectivo servir de foro para que as empresas e organizacións, forestais e enerxéticas, e as institucións de investigación compartan metas e problemas, identifiquen as liñas de investigación prioritarias e poidan promover os proxectos necesarios para acompañar o desenvolvemento do sector. Os obxectivos específicos desta xornada foron:


  • Coñecer o grao de desenvolvemento do sector bioenerxético en Galicia e os proxectos empresariais.
  • Analizar o marco lexislativo e institucional de referencia.
  • Avaliar as necesidades do sector en materia de I+D+i e promover liñas de investigación estratéxicas.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es