Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 55

Xornadas sobre a xestión dos espazos agroforestais en San Xurxo da Mariña e San Román de Doniños (Ferrol)






Entre o 30 de xuño e o 2 de xullo tiveron lugar no local social da Asociación de Veciños de San Xurxo da Mariña as Xornadas formativas sobre a xestión dos espazos agroforestais en San Xurxo da Mariña e San Román de Doniños. As xornadas foron patrocinadas polo Concello de Ferrol con cargo ao proceso de orzamentos participativos e organizadas pola Asociación Forestal de Galicia e os seus obxectivos eran:

  • Analizar a situación forestal nas parroquias de San Xurxo da Mariña e San Román de Doniños
  • Presentar alternativas e modelos viables de xestión dos espazos forestais
  • Debater a situación e os modelos presentados
O primeiro día abordouse a importancia de iniciar a recuperación da zona afectada baseándose nun uso sustentable do monte facendo un aproveitamento integral do mesmo onde teñan cabida desde o aproveitamento de diferentes produtos forestais (madeira, leña, cogomelos, caza, biomasa, plantas medicinais, mel...) ata o uso recreativo de poboacións urbanas, uso moi común nas áreas forestais de San Xurxo e Doniños.

Para isto é necesario, por un lado respectar os condicionamentos protectores que estes espazos teñen derivados da súa pertenza á Rede Natura 2000 e por outro a titularidade privada destes montes.

As actuacións a levar a cabo polos propietarios forestais das dúas parroquias deberían enmarcarse no caso dos montes veciñais dentro dun plan de xestión dos mesmos que sexa elaborado por técnicos cualificados no que se recolla a vontade do seu lexítimo propietario e máis o desenvolvemento dun plan de aproveitamentos ao tempo que o protexa dos vaivéns de políticos e xestores, apoiado nun asesoramento técnico especializado que permita manexar un monte cun uso social preferente hoxe en día non valorado nin pagado.

Neste sentido presentou a posibilidade dun acordo social que permita obter rendas para o monte veciñal á vez que faga posible o seu goce social.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es