A AFG celebrou a súa XXV asemblea en Santiago de Compostela
|
O sábado 28 de maio, a Asociación Forestal de Galicia (AFG) celebrou a súa XXV Asemblea Xeral e un acto de conmemorativo do seu 25º aniversario no Hostal dos Reis Católicos ao que asistiron preto de 200 propietarios forestais, membros de comunidades de montes, autoridades e amigos.
O Hostal dos Reis Católicos foi o marco da celebración do 25º aniversario da asociación de propietarios forestais máis antiga de Galicia. Ao redor de 200 socios participaron na XXV Asemblea xeral na que se aprobou o informe de actividades, o balance e a conta de resultados de 2010 e o orzamento para 2011.
Durante a asemblea os socios fixeron fincapé na urxencia de recibir o borrador da nova Lei de Montes e Lei de Montes Veciñais en Man Común para a súa análise e consenso con todos os actores implicados para conseguir unha boa ferramenta de traballo en apoio da mellora xestión forestal galega.
Asemade, a Asemblea, considerando que a silvicultura e o aproveitamento sostible e biodiverso do monte galego, constitúe un dos piares básicos e estratéxicos da economía actual e do futuro de Galicia, considerando que a actividade forestal resulta fundamental para a mellora ambiental de Galicia e para a xestión sostible do 65% do territorio galego e considerando a grave situación sanitaria que presentan os montes de distintas comarcas de Galicia e o retroceso da economía do sector forestal, aprobou as seguintes resolucións:
|