Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 55

O proxecto Silvaplus






Desde que o pasado mes de marzo fora aprobado, o proxecto Silvaplus foron varias as actividades que se levaron a cabo para a consecución dos obxectivos que persigue.

O 27 de abril tivo lugar en Ponte da Lima (Portugal) a primeira reunión de socios do proxectos á que seguiu o acto de presentación pública do proxecto a neste acto participaron entre outros, Carlos Cardoso Lage o presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento da Região Norte, Carlos Cardoso, o director xeral de Montes da Xunta de Galicia, Tomás Fernández-Couto, o director nacional das Fileiras Florestais do Goberno portugués, Gonçalo Alves, o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, a alcaldesa de Tomiño Sandra González, o presidente da Área Alto Minho, Francisco Rodrigues de Araújo e o presidente da AFG, Francisco Fernández de Ana.

Durante o mes de xullo tiveron lugar dous seminarios sobre parques de biomasa, unha en Ponteareas e outra en Figueira da Foz e Arganil en Portugal, nestes seminarios, ademais de visitar varios parques de almacenamento, analizouse a tipoloxía de parques e de silos de almacenamento, as características e esixencias técnicas das instalacións e tamén se sacaron as conclusións para o deseño de modelos.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es