Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 55

A elección da especie nas novas plantación forestais



Francisco Dans del Valle e Mª Cristina Verde Figueiras


Ante a planificación dunha nova plantación debe ter en conta que un factor determinante no éxito da mesma é a calidade do terreo co que conta e que, dependendo dela, deberá elixir a especie que mellor se adapta ao terreo e ao lugar. Resulta antieconómico e frustrante escoller unha especie non apta para o terreo a repoboar.

Nos bos terreos, profundos ricos e ben drenados, case todas as especies forestais medran ben. Os problemas de elección ocorren cando o terreo é de baixa calidade ofrece unhas características pouco apropiadas para as especies máis esixentes.

Entre as especies máis esixentes de terreos de boa calidade, atópanse a maioría das frondosas caducifolias, e entre as máis sufridas os eucaliptos e os piñeiros.

Os terreos aptos para frondosas caducifolias En xeral considéranse aptos para a plantación de frondosas caducifolias, aqueles terreos máis fértiles, profundos e ben drenados, se ben, cada árbore ten unhas esixencias específicas das que facemos un resumo das empregadas máis habitualmente.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es