Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 55

Gando mostrenco nos montes






Actualmente atópase en tramitación un novo decreto que regulará o gando equino en Galicia. O pastoreo de gando nos montes de titularidade privada foi de sempre un motivo de controversia sobre todo nos casos en que o titular do monte e o do gando non coincide. Os danos e os gastos ocasionados polo gando non autorizado nos montes son incalculables e a solución practicamente imposible ao estar moito do gando sen identificar oficialmente.

O 24 de outubro publicouse no Diario Oficial de Galicia o Anuncio do 10 de outubro do 2011, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se acorda someter a información pública o borrador do proxecto de Decreto polo que se establecen as normas que regulan o rexistro e identificación dos animais equinos, a xestión e administración dos animais mostrencos, as medidas básicas para a ordenación zootécnica e sanitaria das explotacións equinas, as paradas de sementais equinos con servizo a terceiras persoas e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Equinas.

A pretensión da Consellería do Medio Rural con esta norma é regular nun único texto as normas sobre identificación e ordenación zoosanitaria e benestar animal das explotacións equinas, así como establecer disposicións relativas ao destino dos équidos mostrencos atopados nos montes ou en predios agrarios da comunidade autónoma.

Durante 20 días estivo aberto o prazo para a presentación de alegacións ao borrador do texto normativo. A Asociación Forestal de Galicia presentou tres alegacións que resumimos de seguida.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es