Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 55

Actualidade da Rede Natura 2000 en Galicia






A Xunta de Galicia está elaborando o Plan Director da Rede Natura 2000. Durante o pasado verán estivo aberto un proceso de participación pública na elaboración deste documento que, entre outras cousas, regulará as actividades nestes espazos. Paralelamente estanse elaborando os plans reitores de uso e xestión de varios espazos protexidos, entre eles o das Fragas do Eume e estase ampliando o espazo ocupado pola Rede Natura 2000.

O Plan Director da Rede Natura 2000, agora en elaboración, ten unha gran importancia xa que deberá dar as pautas para a xestión das propiedades forestais nos espazos protexidos e axudará a evitar decisións subxectivas á hora de permitir ou prohibir por parte da Administración as actuacións que hoxe en día requiren permiso como poden ser as cortas ou as novas repoboacións.

Sen embargo, tanto a lectura do borrador Plan Director da Rede Natura 2000 como do Plan reitor de uso e xestión das Fragas do Eume, ofrécenos una perspectiva pouco alentadora, son documentos de análise dos espazos minuciosos, pero con grandes carencias nas medidas de xestión, nas que se contemplan aspectos xeneralistas e criterios moi subxectivos que poden dar lugar a interpretacións moi diversas da súa normativa.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es