Congreso “Xestión forestal no territorio do futuro: incidencia nos ciclos da auga e do carbono”
|
Entre os días 8 e 11 de maio terá lugar en Santiago de Compostela o Congreso “Xestión forestal no territorio do futuro: incidencia nos ciclos da auga e do carbono” no que se abordarán tres grandes grupos de temas:
- As consecuencias da xestión forestal e das novas paisaxes forestais nos ciclos do carbono e da auga.
- A ordenación dos montes e novos montes nun mundo cambiante: auga e ciclos de carbono.
- As necesidades de coñecemento das políticas que teñan éxito na xestión.
Dentro deste congreso vaise realizar unha mesa redonda aberta a todo o público interesado sobre os aspectos estratéxicos para o éxito das políticas de xestión forestal. Esta mesa redonda está patrocinada pola USSE-AFG e pola Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega (Devesa) e terá lugar na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela o 10 de maio de 13:30 a 19 horas.
|