Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 54

Novo presidente en COSE






O pasado mes de xaneiro foi elixido como presidente de COSE Josu Azpitarte Andrinúa, coordinador da Confederación de Forestalistas do País Vasco.

Josu Azpitarte é enxeñeiro de Montes e leva traballando cos propietarios forestais vascos desde o ano 1995, primeiro como director xeral da Asociación de Forestalistas de Biscaia e desde o ano 2004 como coordinador da Confederación de Forestalistas do País Vasco.

As súas áreas de especialización céntranse na representación da Asociación de Forestalistas de Biscaia e da Confederación del País Vasco ante a Administración, medios de comunicación e organizacións vinculadas coa actividade forestal vasca, ademais de dirixir e coordinar os diferentes servizos prestados por estas entidades. Representación das Asociacións de Forestalistas de Euskadi no ámbito autonómico e estatal (COSE). Desenvolvemento e administración da Certificación rexional PEFC da Xestión Forestal Sostible no País Vasco. Análise e desenvolvemento do mercado enerxético con biomasa forestal no País Vasco, creación e impulso de instrumentos para compatibilizar a xestión forestal coas tres funcións do monte: ecolóxica, económica e social. Creación e desenvolvemento de Basoa Fundazioa e a dirección de diferentes proxectos de investigación e desenvolvemento forestal.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es