Árbores e formacións senlleiras de Galicia
Autores: Antonio Rigueiro Rodríguez, José Gaspar Bernárdez Villegas e Carlos Rodríguez Dacal
Edita: Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural
Ano: 2009
Publicación que recolle características e datos das árbores senlleiras de Galicia, concretamente das 106 árbores e 21 formacións que conforman o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, creado ao abeiro da Lei 9/2001, de conservación da natureza. O obxectivo da creación deste catálogo é que estas árbores e formacións conten con medidas específicas de protección, atendendo ás súas características excepcionais: naturais, culturais, científicas, educativas, estéticas ou paisaxísticas. Nun futuro próximo cóntase que este catálogo se amplíe para recoller outros exemplares de merecido recoñecemento.
|