Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 54

Impulso á certificación forestal






A certificación forestal PEFC nos montes galegos -sistema que a Asociación Forestal de Galicia vén promovendo desde a súa creación- tivo un forte impulso no ano 2010 polo apoio á planificación forestal recibido a través dun convenio de colaboración asinado entre a Consellería do Medio Rural e a AFG que estivo en vigor desde agosto a decembro de 2010.

O obxecto deste convenio foi dobre. Por un lado, tratábase de levar a cabo actuacións de formación e de divulgación da xestión forestal sostible e por outro tíñase que realizar a planificación de máis de 6.000 hectáreas de montes nos que os propietarios comprometeran a súa xestión con criterios de sostibilidade e como paso previo á certificación dos montes. Desta forma os propietarios poderían chegar a vender madeira certificada.

De acordo coas estipulacións deste convenio, realizáronse actividades formativas de divulgación e formación en dúas modalidades: seminarios técnicos e cursos. Os seminarios consistiron nunha sesión formativa celebrada nunha soa xornada e cunha duración aproximada de tres horas. Organizáronse 86 seminarios en toda Galicia, aos que asistiron un total de 1.034 participantes.

Os cursos realizáronse en dúas xornadas cunha duración aproximada de oito horas, das que unha metade era teórica e a outra de prácticas no monte nas que os asistentes puideron desenvolver os coñecementos teóricos adquiridos. Organizáronse 3 actividades deste tipo ás que asistiron un total de 57 participantes.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es