Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 54

Sobre a capacidade de rexeneración por rebentos de cepa en Eucalyptus dalrympleana e mais E. delegatensis



Juan José Villarino Urtiaga
Profesor de Silvicultura xubilado

Eucalyptus dalrympleana Maiden e máis E. delegatensis R.T. Baker (E. gigantea Hook) son dúas das especies do xénero empregadas nas plantacións forestais en bisbarras da Galicia interior onde o clima -de certa tendencia continental e invernos relativamente fríos-, exclúe a utilización de E. globulus, pouco resistente ás xeadas.

Segundo De la Lama, ámbolos dous eucaliptos son orixinarios da rexión ó Sur-Leste de Australia e máis da illa de Tasmania, en áreas nas que a precipitación anual está comprendida entre 1.000 e 1.600 mm, no caso de E. gigantea, e entre 635 e 1.400 mm, no de E. dalrympleana; as temperaturas mínimas absolutas son de –9º e – 11,7º, respectivamente.

Unha cualidade de interese na silvicultura dunha especie forestal é a da súa posible aptitude para a reprodución vexetativa, xa que no caso de existir tal aptitude, libera ó silvicultor da necesidade de levar a cabo unha custosa replantación, por exemplo, despois dunha corta a feito. O caso de Eucalyptus globulus, que mantén a súa potencialidade produtiva mesmo despois de varias quendas en réxime de talladía ou monte baixo, constitúe un exemplo ben coñecido de aptitude para este tipo de rexeneración.

Nas fichas de especies da obra citada de De la Lama, figura no apartado correspondente ó tipo de rexeneración, a anotación “nulo” para E. gigantea mentras que para E. dalrympleana, déixase en branco o espazo destinado á información.

Porén, en Galicia cítanse casos de rexeneración por rebentos de couce en pés do eucalipto xigante, mentres que no referente a E. dalrympleana, adóitase considerar como especie de doada reprodución.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es