O proxecto Silvaplus en marcha
Francisco Dans del Valle Enxeñeiro de Montes, director da AFG
|
O proxecto de cooperación en I+D+i Silvaplus oriéntase a facilitar a mobilización de biomasa forestal nos montes e a promover a súa utilización enerxética na área transfronteiriza do norte de Portugal e do sur de Galicia. Trátase de que a biomasa forestal que producen os bosques desta rexión teña un aproveitamento sostible e que os posibles usuarios deste recurso renovable poidan realizar, sen problemas de subministración, proxectos e iniciativas enerxéticas.
O proxecto Silvaplus foi aprobado o 2 de marzo de 2011 polo Comité de Xestión do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 da Unión Europea e terá unha duración de dous anos. Conta cun orzamento próximo aos 800.000 euros e cunha subvención dos fondos FEDER de 565.000 euros. |