Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 54

A Xunta aproba a creación das sociedades de fomento forestal (SOFOR)






O pasado 23 de marzo publicouse no DOGA o Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro que derroga o Decreto 101/2008, do 30 de abril, polo que se regulan as unidades de xestión forestal en Galicia.

Obxecto
A principal finalidade do decreto é fomentar que os propietarios forestais se incorporen de forma voluntaria a sistemas de xestión conxunta dos aproveitamentos forestais. Para constituír unha SOFOR os propietarios forestais ou persoas titulares de dereitos de uso de parcelas susceptibles de aproveitamento forestal, ceden os devanditos dereitos de uso á sociedade. Tamén se poderán asociar outras persoas físicas ou xurídicas que non sexan titulares de dereitos de uso de parcelas, sempre e cando a súa participación non supere o 49% das participacións sociais. A cesión de dereitos de uso á sociedade realizarase por un mínimo de 25 anos.

As SOFOR terán que dispor dun instrumento de planificación da xestión forestal, aprobado pola Administración.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es