Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 54

Regulación do pastoreo no monte veciñal



Rubén Pérez Valladares
Enxeñeiro técnico Forestal da AFG

A explotación gandeira con diferentes finalidades representa unha clara opción na diversificación da actividade forestal nos montes veciñais en man común, cun potencial económico que debe valorarse axeitadamente. Non obstante, en multitude de montes, especialmente nos situados en bisbarras costeiras ou en zonas de media montaña non demasiado afastados de núcleos de poboación importantes, a actividade gandeira con vacas e cabalos en réxime de liberdade segue xerando confrontación e numerosos litixios.

A única forma de encarar o problema reside nunha decidida aposta pola ordenación e regulación do pastoreo nos montes veciñais. A actual normativa para regular o silvopastoreo é insuficiente, sendo necesario que na futura lei de montes galega se aborde dunha vez por todas este uso do monte.

Deixando a un lado o problema de orde público que supón o gando non identificado ou mostrenco, poden producirse situacións conflitivas con gando debidamente identificado:

1. Gando identificado con crotales, microchips, marcas de ferro de dono coñecido ou que pode coñecerse, que pace no monte sen autorización da comunidade.

2. Gando identificado de dono coñecido, que aínda que está autorizado a pacer no monte, non cumpre coas normas establecidas pola comunidade.

Para estas situacións ten competencias a Consellería de Medio Rural sempre e cando a comunidade de montes veciñais se inscriba no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo adscrito á Consellería de Medio Rural. A este respecto é oportuno lembrar que de acordo co artigo 67j da Lei 43/2003 de Montes, considérase infracción administrativa o pastoreo nos montes onde estea prohibido ou se realice violando as normas establecidas para o efecto polo órgano forestal.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es